Proxecto de estación en TrevicaVersión en galegoVersión en castellano
 
Portada

Qué é Trevinca.info?
Propósito deste website

Proxecto de estación en Pena Trevinca
Descripción, análise, partes mellorables e alternativas

Fonte da Cova
Un proxecto de estación en Carballeda

Novidades
Actualidade do proxecto

A túa opinión
Participa!

Webs de interese
Sobre o autor

Sobre o autor

Benvidos ao meu curruncho no ciberespacio. O autor deste sitio sobre Pena Trevinca chámase Anxo Abelaira. A miña conexión con Trevinca ven de neno, nos invernos da miña aldea en Valdeorras, desde onde se ven as neves de Trevinca. Subín moitas veces á serra, e coñezo ben a montaña desde Fonte da Cova á Serra Segundeira e o val do Tera.

Aprendín a esquiar ben cedo en Manzaneda, onde os meus pais foran un dos primeiros propietarios na estación. Gardo na memoria aquelas noites de inverno que durmimos en colchóns de espuma, cando os apartamentos aínda estaban en obras e había moita neve e pouca xente na estación.

Estudei na Coruña e en Brest, Francia, e déronme un diploma que di que son técnico en empresas turísticas. Ao rematar os meus estudos marchei ao extranxeiro e os meus primeiros anos de experiencia profisional foron en estacións de esquí. Empecei como pisteiro e responsable dun stand de información turística na Serra da Estrela, Portugal; traballei sobre un proxecto de re-estruturación e marketing do Pic du Midi (2877m) na estación de La Mongie-Tourmalet, Pirineus franceses; introducín a comercialización no mercado español da estación de Les Orres, Alpes franceses; e finalmente retireime da industria cunha moi festiva tempada nunha tenda de aluguer de esquí en Söll-SkiWelt, Tirol, Austria, onde descubrín o pracer do snowboard en neve fresca.

Vai xa para dez anos que deixei de traballar en estacións de esquí e quedei a vivir en Escocia, país montañoso e de extensos espazos naturais. Coñezo como a miña casa as seis estacións escocesas e tamén un bon número de estacións de variadas características por toda a Europa. Sempre tiven preferencia por esquiar en estacións de esquí de pequena talla, se cadra porque me traen á memoria aqueles primeiros anos de Manzaneda. Por suposto, desfruto igualmente os vastos dominios esquiables alpinos -o meu favorito é a Vallée Blanche no glaciar de Chamonix Mont-Blanc- mais moitos dos meus mellores días de esquí paseinos en descoñecidos tesouros como Roundhill en Nova Zelanda ou Sveitsin en Finlandia.

Vivo en Bruxelas desde o ano 2004, onde traballo como consultor freelance en avaliación de proxectos e adico o meu tempo libre á miña familia, amigos, e a escribir sobre variados temas que publico principalmente en media do Reino Unido e Escandinavia. Pese á distancia, sempre vin de seguir a evolución da industria do esquí e, en particular, do relacionado co esquí galego. Foi así que no ano 1999 publiquei un artigo na revista Ski Area Management dando conta das posibilidades dunha estación invernal na serra de Trevinca, e que desde finais do 2004 manteño na rede este espazo www.trevinca.info. A opinión que dou neste website foi publicada en Galicia polos xornais La Voz de Galicia (1, 2, 3, 4), Xornal.com (1, 2), e A Nosa Terra (1, 2, 3).

Espero que encontres de interese e mesmo de uso as informacións deste sitio web. Anímote a que participes da discusión nos foros de Trevinca. Se precisas contactar comigo ao respecto deste website, poderás encontrarme en largslargs@talktalk.net



Sobre www.trevinca.info
www.trevinca.info é unha contribución independente e non relacionada cos promotores do proxecto de estación de esquí en Pena Trevinca. O obxectivo deste website é contribuir con diferentes opinións e debate para que se realice o millor dos proxectos para Trevinca: unha estación moderna, viable, solvente, integrada no seu medio natural, e que contribua á dinamización económica do seu entorno humano.

Tí tamén estás convidado a participar e deixar a túa contribución no foro de opinión de Trevinca.