Proxecto de estación en TrevicaVersión en galegoVersión en castellano
 
Portada

Qué é Trevinca.info?
Propósito deste website

Proxecto de estación en Pena Trevinca
Descripción, análise, partes mellorables e alternativas

Fonte da Cova
Un proxecto de estación en Carballeda

Novidades
Actualidade do proxecto

A túa opinión
Participa!

Webs de interese
Sobre o autor

Propósito deste website Trevinca.info
1) Informar dos proxectos de estación na serra de Trevinca
2) Dar a miña opinión sobre o proxecto actual en A Veiga
3) Contribuir a que o proxecto final sexa o mellor posible
- Non coñeces Trevinca? Aquí podes ver algunhas fotos


1) Informar dos proxectos de estación na serra de Trevinca

En Trevinca.info encontrarás as noticias que vaian xurdindo sobre a evolución dos proxectos de estación de esquí na serra de Trevinca.

Hai moita xente interesada en que Galicia teña varias estacións de esquí. Actualmente existen proxectos para crear dúas estacións de esquí na serra de Trevinca, unha no concello de A Veiga e outra en Carballeda. Puxen www.trevinca.info no internet en Decembro 2004 porque daquela non existía nengún website no que se informase en detalle ao público interesado e se fixese un seguimento da evolución dos proxectos.


2) Dar a miña opinión sobre o proxecto actual en A Veiga [Quen son eu?]

Son partidario de desenvolver o turismo de alta montaña en Galicia. É un tema que me apaixoa, é unha industria na que traballei, e obviamente, eu tamén teño unha opinión sobre cal é o xeito de facer as cousas.

Neste website expreso a miña opinión sobre o proxecto de estación na Pena Trevinca de A Veiga. Desexo que o proxecto saia adiante, e desexo que o proxecto que saia adiante sexa o mellor de todos os posibles. Penso que as varias propostas e estudos presentados ata o día de hoxe son mellorables nos seus aspectos de impacto ecolóxico e de previsións de explotación. No que estou dacordo dígoo, no que non estou dacordo propoño alternativas. Primeiro, puxen resumidamente a miña opinión dentro da sección do Proxecto de Pena Trevinca e logo, cando teño algo de tempo libre, intento ir dando máis detalles respondendo ás cuestións que aparecen no foro de Trevinca.


3) Contribuir con debate e ideas para que o proxecto final sexa o mellor dos posibles

Este website conta cunha sección interactiva para que todo aquel que o desexe poida opinar sobre os proxectos de estación en Trevinca. Todo o mundo ten as súas ideas e nesta sección aberta de foros podes deixar a túa.

Todas as ideas e debates que axuden a enriquecer e a mellorar o proxecto actual de estación en Trevinca son benvidas. Por favor, lembra que o obxecto deste website non é de debater se "Trevinca si" ou "Trevinca non", senón de "cómo facer a mellor estación en Trevinca". Convido a todo o público, esquiadores e non esquiadores, partes interesadas e axentes implicados, a que participen constructivamente nesta tarefa coa súa opinión.



Sobre www.trevinca.info
www.trevinca.info é unha contribución independente e non relacionada cos promotores do proxecto de estación de esquí en Pena Trevinca. O obxectivo deste website é contribuir con diferentes opinións e debate para que se realice o millor dos proxectos para Trevinca: unha estación moderna, viable, solvente, integrada no seu medio natural, e que contribua á dinamización económica do seu entorno humano.

Tí tamén estás convidado a participar e deixar a túa contribución no foro de opinión de Trevinca.