| | |  |  | Proxecto
de estación na Fonte da Cova, Carballeda » Qué
é e onde está Fonte da Cova? »
Historia e descripción da estación na Fonte da Cova -
Non coñeces Fonte da Cova? Aquí podes ver algunhas
fotos
Qué é e onde está Fonte da Cova?
![[ALARGAR IMAXE..»] Situación da estación de Fonte da Cova, concello de Carballeda de Valdeorras](http://www.largslargs.talktalk.net/pic/smveiga-carballeda.jpg)
Situación da estación de Fonte da Cova, concello de Carballeda de
Valdeorras. Alargar
imaxe..» | | O
proxecto de estación na Fonte da Cova (Concello de Carballeda) e o proxecto
de estación na Pena Trevinca (Concello de A Veiga) son dous proxectos diferentes
o un do outro.
A portela de Fonte da Cova pertence ao Concello de Carballeda
de Valdeorras. É un porto de montaña de 1800m de altitude que comunica
Galicia con Castela-León pola estrada OU-122 (parte galega) e LE-126 (parte
leonesa).
Os altos máis elevados na portela de Fonte da Cova son
o Pedroso 1870m, Sextil 1840m, e As Eguas 1891m. Os picos de Pena Trevinca e Pena
Negra se encontran a uns 10 km ao sur de Fonte da Cova.
Historia e descripción da estación na Fonte da Cova
Cara os anos 1970 se crearon dúas estacións de esquí en Galicia.
Unha na Serra de Queixa, que é a que hoxe coñecemos como Manzaneda,
e outra na Fonte da Cova, que daquela foi bautizada co nome de "Trevinca"
pola súa relativa proximidade aos picos de Trevinca.
A estación
de "Trevinca" en Fonte da Cova chegou a construir un hotel e dous telesquís,
mais ao pouco foi vandalizada e as instalacións quedaron en ruinas durante
varias décadas.
Cara os anos 1990 o Concello de Carballeda empezou
a considerar de revitalizar a zona para uso turístico. Entrada a década
do 2000 o Concello tomou a iniciativa de limpar a zona, demolir as ruinas do antigo
hotel, e construir no seu lugar o "Centro de Desenvolvimento Rural",
un edificio de servizos e aloxamento que pretende ser a primeira peza dunha área
turística revitalizada e aberta as catro estacións do ano.
A
comezos de 2006, a portela de Fonte da Cova conta xa co mencionado hotel propiedade
Concello de Carballeda, e cun refuxio de montaña e un pequeno telesquí
ambos os dous propiedade do Clube Trevinca de O Barco. O Concello ten intención
de continuar investindo e desenvolvendo Fonte da Cova como estación de
montaña de verao e inverno. En total, o Concello de Carballeda e a Xunta
de Galicia levan investido en Fonte da Cova uns 3,5€ millóns (600
millóns ptas). Podes ler máis detalles sobre o proxecto da Fonte
da Cova nos Foros de Trevinca.
Este website conta cunha sección interactiva para que todo aquel que o
desexe poida opinar sobre os proxectos
de estacións na serra de Trevinca. Todo o mundo ten as súas ideas
e nesta sección aberta de foros
podes deixar a túa.
|