 |
Trevinca.info Foros de Trevinca.info
|
| Ver tema anterior :: Ver tema seguinte |
| Autor |
Mensaxe |
anxo Site Admin
Rexistrado: 15 Jan 2005 Mensaxes: 294
|
Publicado: Sun Jun 04, 2006 9:56 am Asunto: Pola reapertura da estación de Fonte da Cova |
|
|
Propoñen recuperar a estación de esquí de Fonte da Cova
Publicado en La Voz de Galicia, 4/06/2006
http://www.lavozdegalicia.es/ed_ourense/noticia.jsp?CAT=115&TEXTO=4829851&idioma=galego
(Firma: Miguel Ascón | Lugar: o barco)
O club de montañeiros Peña Trevinca, ante o temor a un dano ambiental no cume que lles dá nome, propuxeron unha situación alternativa para a estación de montaña valdeorresa. En lugar das zonas altas da Veiga, suxiren recuperar e potenciar as infraestruturas de esquí xa existentes en Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras).
Nese lugar existen xa dous remontes e dúas pistas que, segundo din, servirían de punto de partida para desenvolver un proxecto alternativo ao veigués, con menor impacto ambiental e un mellor aproveitamento dos recursos. Aínda que oficialmente os remontes e pistas de Fonte da Cova deixaron de explotarse economicamente pola compañía Montresa na década dos setenta, seguiron funcionando desde entón.
O Club Peña Trevinca xestiona agora as pistas e, cando nieva, un dos seus socios -que reside na próxima localidade de Casaio- pon en marcha un dos dous remontes, xa que o outro está avariado. O uso non está restrinxido só aos membros do club. A través dun seguro de responsabilidade civil, calquera afeccionado pode utilizar as instalacións.
Xornadas
A proposta do Club Peña Trevinca consistiría en actualizar os remontes existentes en Fonte da Cova e construír algún máis, aínda que tampouco estarían de acordo con construír alí unha macroestación. A súa maior preocupación é o impacto ambiental que unha ou outra posibilidade -Carballeda e A Veiga- podería ter no macizo de Trevinca. Por iso, entre o mércores e o xoves celebrarán unhas xornadas coa presenza de partidarios da estación e da declaración de parque natural.
A Veiga suxire unha situación con peores accesos e similar altitude
http://www.lavozdegalicia.es/ed_ourense/noticia.jsp?CAT=115&TEXTO=4829855&idioma=galego
Os membros do Club Peña Trevinca insisten en que crear unha estación de esquí en Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras) supoñería un investimento moito menor á necesaria para o proxecto da Veiga, valorado nuns trinta millóns de euros.
As pistas da estación de montaña de Trevinca, segundo o proxecto promovido pola asociación de empresarios veigueses, estarían a unha altitude media de 1.900 metros. As dúas pistas xa existentes en Fonte da Cova teñen unha altitude, segundo datos facilitados polo Club Peña Trevinca, que oscila entre os 1.800 e os 1.920 metros.
Doutra banda, os accesos a Fonte da Cova xa están construídos, asfaltados e en moi bo estado. Se xa existían coa zona norte cara á provincia de Ourense, fai uns meses abriuse unha estrada con dirección á provincia leonesa. O proxecto da Veiga, en cambio, precisaría da construción dun viario de doce quilómetros desde o pobo de Ponte ata a futura base da estación invernal.
Con estes datos comparativos, os responsables do club de montañismo Peña Trevinca conclúen que sería máis rendible crear a infraestrutura en Carballeda de Valdeorras, aínda que recoñecen que son necesarios proxectos alternativos para o desenvolvemento económico da Veiga. Ademais, engaden, na zona xa hai un complexo hostaleiro para dar servizo aos esquiadores. |
|
| Volver arriba |
|
 |
anxo Site Admin
Rexistrado: 15 Jan 2005 Mensaxes: 294
|
Publicado: Sun Jun 04, 2006 11:21 am Asunto: Re: Pola reapertura da estación de Fonte da Cova |
|
|
Parabéns pola iniciativa e adiante. Nestas páxinas sempre defendín a reapertura de Fonte da Cova, e estou seguro que antes ou máis tarde a Estación de Fonte da Cova será unha realidade.
Neste texto anterior hai varias imprecisións que me gustaría subliñar.
Antes de precisalas, lembren que esa noticia publica só unha opinión, expresada polos directivos do Clube Pena Trevinca de O Barco. Existen outras opinións, e outros xeitos diferentes de ver as cousas.
O clube barquense opina que se faga unha estación en Fonte da Cova, concello de Carballeda de Valdeorras (http://www.trevinca.info/fontedacova.html), en vez de facela na serra de Trevinca, concello de A Veiga (http://www.trevinca.info/penatrevinca.html). Outra opinión, a que defendo eu, é que se faga unha estación en Fonte da Cova, ademáis da outra na serra de Trevinca. En Galicia temos mercado e xeografía para termos 3 estacións de esquí: Manzaneda, Fonte da Cova, e Pena Trevinca. Unha estación non quita a outra. Son proxectos complementarios.
| anterior escribiu: | | Nese lugar existen xa dous remontes e dúas pistas que, segundo din, servirían de punto de partida para desenvolver un proxecto alternativo ao veigués, con menor impacto ambiental e un mellor aproveitamento dos recursos. Aínda que oficialmente os remontes e pistas de Fonte da Cova deixaron de explotarse economicamente pola compañía Montresa na década dos setenta, seguiron funcionando desde entón. |
Non é certo que os dous remontes antigos de Montresa seguiran funcionando desde aquela. O remonte do Foyo Grande (http://www.trevinca.info/foros/viewtopic.php?t=30, foto número 2) nunca volveu a funcionar desde que se vandalizou a estación, antes da súa apertura.
| anterior escribiu: | | O Club Peña Trevinca xestiona agora as pistas e, cando nieva, un dos seus socios -que reside na próxima localidade de Casaio- pon en marcha un dos dous remontes, xa que o outro está avariado. |
Desexaría precisar un pouco máis a linguaxe: o remonte do Foyo Grande (http://www.trevinca.info/foros/viewtopic.php?t=30, foto número 2) non está avariado, está incompleto. Fáltalle o cabo, as perchas, o motor, a alimentación eléctrica, e, despois de tantos anos sen mantemento, as torres precisarán ser realiñadas e se cadra nalgún caso mesmo recimentadas. Unha avaría soluciónase cunha reparación. No remonte do Foyo Grande estamos a falar dunha reconstrucción. E cando se fan as cousas, hai que facelas ben: o remonte do Foyo Grande foi no seu día posto nunha zona que non é a millor para o aproveitamento dos esquiadores. Ese remonte deberá ser relocalizado para outra zona de millor aproveitamento. En resumo: o remonte do Foyo Grande ten muuuuito máis que unha simple avaría.
| anterior escribiu: | | As dúas pistas xa existentes en Fonte da Cova teñen unha altitude, segundo datos facilitados polo Club Peña Trevinca, que oscila entre os 1.800 e os 1.920 metros. |
É unha información incorrecta.
Ningún dos altos da Fonte da Cova supera os 1870 metros. As "pistas" dos remontes actuais son dunha altitude aproximada de 1790-1820m. para o telesquí portátil que opera o clube barquense e de 1750-1830 para o telesquí en ruínas do Foyo Grande. Os altos da serra de Trevinca, en cambio, superan os 2000 metros.
| anterior escribiu: | | O proxecto da Veiga precisaría da construción dun viario de doce quilómetros desde o pobo de Ponte ata a futura base da estación invernal. |
O acceso á area esquiable non require necesariamente a construcción dunha estrada. Eu recomendo o acceso por funicular, unha fórmula utilizada en moitas estacións de esquí europeas de primeira xeración.
http://www.trevinca.info/foros/viewtopic.php?t=59
En conclusión, adiante por tanto para un proxecto de reapertura de Fonte da Cova, e tamén adiante para o proxecto de estación en Pena Trevinca.[/url] |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
Podes publicar novos temas neste foro Non podes responder a temas neste foro Non podes editar as túas mensaxes neste foro Non podes borrar as túas mensaxes neste foro Non podes votar en enquisas neste foro
|
|