Índice dos Foros Trevinca.info
Foros de Trevinca.info
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

OPINION > A estación debe situarse no val do Xares 1100m

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> » Proxecto actual, alternativas, ideas, opinión, debate...
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
anxo
Site Admin


Rexistrado: 15 Jan 2005
Mensaxes: 294

MensaxePublicado: Fri Jan 06, 2006 7:26 pm    Asunto: OPINION > A estación debe situarse no val do Xares 1100m Responder citando

A estación debe situarse no val do Xares 1100m
A localización no val do Xares-A Ponte da zona residencial da estación de Pena Trevinca suporía un milloramento do plano actual da estación en base a razóns de:
1) menor impacto medioambiental.
2) maior beneficio social e de repercusión económica para a comarca.
3) similares resultados de explotación para a compañía xestionaria de Pena Trevinca.



A Ponte e a montaña. Integración do hábitat humano no entorno natural.


1) Aspectos medioambientais

Unha zona de alta montaña ten un equilibrio ecolóxico máis delicado que unha zona de baixa montaña. Distribuir a 6000 esquiadores sobre unha superficie de neve de 510-66 Ha durante 8 horas de esquí ao día, nun periodo de 3 meses ao ano é sostible. Meter a paleadora, asfaltar e urbanizar 14 Has (14 campos de fútbol) a unha altitude de 1800 m., xusto diante dos picos de Trevinca, no único espazo natural de 2000 m. de Galicia, para uso turístico intensivo, paréceme que é unha proposta que se debe estudar con máis cautela.

Baixar o núcleo residencial e hoteleiro do Escobadoiro 1800 m. ao val do Xares 1100 m. facilitará a conservación do ecosistema de alta montaña de Trevinca. Durante o inverno, a montaña somentes recibirá actividade humana durante as horas diurnas de esquí. Durante o resto do ano, a estratéxica localización de A Ponte permite excursións por toda a serra de Trevinca, repartindo así o fluxo turístico cara outras zonas e evitando a hiper-concentración turística nas fráxiles cimas da alta montaña. Localizar a estación no val de Xares significa tamén aproveitar as xa existentes infraestruturas de saneamento, subministro de auga, electricidade, recollida do lixo e comunicacións, evitando así o custe económico e impacto ecolóxico de levar estas obras aos ecosistemas de altitude do Escavadoiro. A ausencia dun núcleo turístico na alta montaña evitará a emisión de CO2 e metais pesados do tráfico de vehículos e autocares dentro do corazón da serra de Trevinca.


2) Aspectos sociais

Para a xente da zona, localizar a estación no val do Xares significa integrar direitamente a vida económica de Pena Trevinca no seu entorno, significa que a estación non está aló arriba na montaña, senón aquí abaixo, en Ponte, xunto as aldeas de Vilanova, Requeixo, Meixide, Hedreira e Xares. Significa aproveitar vellas casas que están deshabitadas ou en ruinas, significa ter ao pé da casa servizos como un médico da estación, significa que os traballadores locais da estación poden ir de casa ao traballo en dous minutos andando, significa que a proximidade da estación beneficia direitamente ao que teñan negocio de turismo rural en Lamalonga ou ao que venda xamois en San Lourenzo. Significa que Pena Trevinca non é simplemente unha estación turística invernal, senón unha aldea que está viva todo o ano, que atrae traballo e xente nova. Como ocorre noutras estacións de pequeno tamaño en Europa, unha estación no val do Xares pode potencialmente ter unha oficina bancaria, unha piscina, un médico, un supermercado, e liñas regulares de autocar entre A Veiga e Ponte.

Podes ver algunhas fotografías de A Ponte en:
http://www.trevinca.info/foros/viewtopic.php?t=72
http://www.trevinca.info/foros/viewtopic.php?t=73


3) Aspectos financeiros

Construir unha estación de esquí supón un grande esforzo financeiro, e esa ten sido a razón pola que a estación de Trevinca non se ten feito antes. O custe económico é aínda máis grande cando se trata de construir a 1800 m. de altitude e hai que facer estradas e levar aló arriba materiais de construcción, obreiros, electricidade, teléfonos, auga, sumidoiros, depuradora de augas fecais, contar co custe anual de quitar a neve das estradas e botar sal, de recoller as toneladas de lixo producidas na estación, etc.

Estas infraestruturas xa existen en A Ponte, polo que as posibilidades de aforro en investimento tradúcense en millóns de euros. O aforro en infraestruturas e na diferencia de custe entre obrar a 1800m. e a 1100m. destinaríase á construcción dun funicular ou tren turístico de montaña que conectaría a estación de Pena Trevinca no val de Xares co seu dominio esquiable na montaña.

No inverno, o funicular é o remonte de acceso ás pistas de esquí, como en muitas outras estacións de Europa. Na primavera, verao e comezos do outono, o funicular é un tren turístico que leva aos camiñantes e turistas polas montañas de Trevinca. O funicular convertiríase así nun atractivo turístico comercialmente explotable durante todo o ano.

O funicular pode levar aos turistas a unha altitude de 1550-1600m, onde unha telecabina recolle e transporta o fluxo esquiador ao Escobadoiro 1800m. Existen solucións técnicas para abrir unha pista entre o Escobadoiro e o Escobal, maximizando o nivel vertical de baixada das pistas nos días de neve abondante, e convertindo así á Pena Trevinca na estación do noroeste peninsular con maior desnivel vertical esquiable 2050-1550 m.

En conclusión, esta alternativa ao proxecto actual é naturalmente argumentable, principalmente na base en que non ofrece aos esquiadores a posibilidade de ski aux pieds, ou esquí a pé de pista, por estar situada a baixa altitude. É certo. Sen pretender contrariar tan obvia realidade, insisto nos beneficios medioambientais e sociais desta alternativa, e reafírmome en que Pena Trevinca non pode autofinanciarse únicamente como estación de esquí en 3 meses de operación (fin decembro-fin marzo) senón que debe estruturar a súa oferta de servizos cara unha explotación permanente de primavera, verao, outono e inverno. A base da estación en A Ponte posibilita unha oferta máis rica de actividades para os 9 meses non-brancos que o Escobadoiro, e mesmo nos 3 meses de inverno ofrece tamén unha coherente conxunción de turismo de neve e de alternativas de après ski para o non-esquiador.


Proposta de acceso ao dominio esquiable por funicular / telecabina:
http://www.trevinca.info/foros/viewtopic.php?t=59


Última edición por anxo o Wed May 10, 2006 4:31 pm; editado 1 vez
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
Convidado






MensaxePublicado: Wed Feb 01, 2006 6:46 pm    Asunto: Responder citando

yo creo también que es mejor poner abajo la base de la estación. La mitad de los pueblos de la provincia se están cayendo a cachos, y mejor aprovechar lo que ya tenemos que no contstruir más, que es más caro y sobre todo acaba siendo más feo, especialmente al pié de los picos de Trevinca.
Volver arriba
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> » Proxecto actual, alternativas, ideas, opinión, debate... Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala