| | |  |  | Proxecto
de estación na Trevinca de A Veiga »
Descripción do plano de estación en Pena Trevinca »
Con qué estou dacordo? »
Con qué non estou dacordo? » Qué
recomendo como alternativa?
Descripción
do plano de estación en Pena Trevinca
![[ALARGAR IMAXE..»] Situación da estación proxectada no concello de A Veiga, comarca de Valdeorras](http://www.largslargs.talktalk.net/pic/smveiga-carballeda.jpg)
Situación da estación proxectada no concello de A Veiga, comarca
de Valdeorras. Alargar
imaxe..» | | As
grandes liñas do estudo actual están publicadas nunha páxina
do website turístico do Concello de A Veiga, www.penatrevinca.com.
Resumindo
o principal do texto, o dominio esquiable da estación empezaría
a 1740m e chegaría aos 2120m. O dominio esquiable comprendería o
triángulo Pena Negra (2116m), Piatorta (2012m), Xencianal (1800m), de orientación
noroeste, e estaría servido por 8 remontes, 5 telecadeiras + 3 telesquís,
cunha capacidade de transporte de 12.400 esquiadores/hora. Os remontes darían
acceso a 22 km de pistas, das que 10 km serían vermellas ou difíciles;
6,6 km serían azuis ou de dificultade media; e 5,6 km serían verdes
ou fáciles.
A base da estación construiríase no Escobadoiro,
no alto río Xares, a 1800m de altitude (xusto baixo os picos de Trevinca),
e estaría conectada por 9 km de estrada en acceso oeste con A Ponte (1100m)
e por 12 km en acceso sur con Porto (1200m). A superficie necesaria para a construcción
de edificios e aparcamentos na base da estación foi calculada en 14,5 Has.
Con
qué partes deste plano estou dacordo?
Primeiro, felicitacións
ao Concello de A Veiga e aos empresarios veigueses por promover unha iniciativa
a prol dunha estación de esquí en Trevinca. Estou dacordo con eles
no principal, que é que se pode facer e se debe facer unha estación
na serra de Trevinca, e que esta estación traerá grande beneficio
ás terras veiguesas.
O
estudo aposta por crear desde o principio unha estación de oferta esquiable
maior ca de Manzaneda
e comparable a San Isidro
ou Pajares.
Concordo con que é viable facer en Trevinca unha estación de polo
menos 8 remontes con capacidade para 12.400 esquiadores/hora. Outra posibilidade
é a de empezar cunha estación de menor capacidade e logo ir expandindo.
Ben calculadas e ben realizadas, calquera destas dúas fórmulas é
válida.
Con
qué partes deste plano non estou dacordo?
Básicamente,
non estou dacordo con tres partes do estudo: 1) Construir
unha zona residencial no Escobadoiro a 1800m 2) Asfaltar
unha estrada de acceso público ao Escobadoiro 1800m
3) Chantar remontes sobre
os picos de Pena Trevinca e Pena Negra
1) Por qué non estou dacordo con construir unha zona residencial
no Escobadoiro a 1800m? A
zona do Escobadoiro, 1800 m, no curso alto do río Xares, xusto debaixo
da Pena Trevinca, é un ecosistema fráxil de alta montaña.
O proxecto actual calcula en 14,5 Has a superficie de ocupación en áreas
urbanas, estradas e aparcamentos. Construir unha zona residencial require obras
de saneamento e hixiene pública, infraestruturas de subministro de auga,
de electricidade, de recollida do lixo e de comunicacións. O plano actual
da estación estima unha capacidade de acollida de 6.000 esquiadores. A
povoación total do concello de A Veiga é de 1.500 habitantes. Construir
unha zona residencial no Escobadoiro 1800m afectará seriamente ao fráxil
medio ambiente desta parte alta da montaña de Trevinca. Tomando como medida
aproximada que unha hectárea corresponde a un campo de fútbol, a
cementación e asfaltización dunha superficie de 14 campos de fútbol
no corazón dun ecosistema de alta montaña como Trevinca, paréceme
un excesivo custe ecolóxico a pagar polo proxecto. -
Qué solución propoño? Zona residencial
no Val de Xares - A Ponte a 1100m
2) Por qué non estou dacordo con abrir e asfaltar unha estrada
de acceso público ao Escobadoiro 1800m? Non
me parece acertado abrir e asfaltar unha estrada para permitir o acceso anual
de milleiros de automóviles e autocares ao corazón do único
ecosistema de altitude superior aos 2000m que temos na Comunidade Autónoma
de Galicia. O acceso de esquiadores e turistas á zona designada para o
dominio esquiable pódese facilitar e regular ordenadamente por outros medios
alternativos á estrada. Unha estrada que travese a montaña chegando
ao pé dos picos de Trevinca (Escobadoiro 1800m) traerá ruido, contaminación
visual e polución ambiental. Considerando que, de media, cada automóvil
precisa queimar 1 litro de combustible para subir e baixar ao Escobadoiro, teríamos
como resultado o equivalente a unha mini-icineradora queimando milleiros de litros
de combustible ao ano no corazón do ecosistema de alta montaña de
Trevinca. - Qué
solución propoño? Acceso por funicular
ou telecabina ao dominio esquiable
3) Por qué non estou dacordo con chantar remontes mecánicos
sobre os picos de Pena Trevinca e Pena Negra? Porque
Pena Trevinca é a máxima altitude de Galicia, e en certo sentido
é un dos símbolos desta terra. Afortunadamente, nos últimos
anos Galicia está comezando a concienciarse dos efectos negativos que ten
o feismo. Hoxe xa serían impensables cousas como permitir o tráfico
urbano diante da Catedral de Santiago ou construir un parque temático sobre
o Cabo Fisterra. Igualmente, sería unha mágoa instalar maquinaria
sobre un dos máis significativos símbolos naturais de Galicia. Os
picos de Pena Trevinca e Pena Negra deben continuar sendo símbolos da natureza
virxe de Galicia, deben continuar sendo disfrutados como xusta recompensa por
aqueles que empreguen o seu esforzo en ascender polos seus propios medios á
cima máis alta de Galicia. Existen outras altitudes superiores aos 2000m
na serra de Trevinca. Pódese facer unha estación para esquiar a
2000m na serra de Trevinca, sen necesidade de ter que chantar remontes nos mesmos
picos de Pena Trevinca e Pena Negra. -
Qué solución propoño? Situar
o dominio esquiable en Xurbia-Piatorta
Qué propoño como alternativa?
No meu xuizo, a estación en Pena Trevinca promovida polo Concello de
A Veiga e os empresarios veigueses debe partir dos tres seguintes principios:
1) Zona residencial no Val
de Xares - A Ponte a 1100m 2) Acceso
por funicular ou telecabina ao dominio esquiable 3) Dominio
esquiable en Xurbia - Piatorta
1) Zona residencial no Val de Xares - A Ponte a
1100m Débese
aplicar a Trevinca o esquema básico do que na industria do esquí
se denominan "estacións de primeira xeración": estacións
de montaña que naceron e se desenvolveron a partir de aldeas de baixa altitude.
Famosas estacións de primeira xeración son por exemplo Chamonix,
Zermatt ou Kitzbühel.
Non son novas estacións construídas no alto da montaña para
a práctica do esquí, senón vellas aldeas de montaña
que se desenvolveron gracias ao turismo de inverno e de verao. Estas aldeas encóntranse
a baixa altitude e non poden asegurar a práctica do esquí, realidade
que solucionan facendo conexións por remontes mecánicos a áreas
próximas de maior altitude. A aplicación deste modelo a Trevinca
situaría a base residencial e de servizos da estación no val do
río Xares, aproveitando as infraestruturas xa existentes en A Ponte de
saneamento, subministro de auga, electricidade, recollida do lixo e comunicacións.
Situar a estación hoteleira e de servizos no Val de Xares - A Ponte supón
menor impacto medioambiental, maior beneficio social, maior repercusión
económica para a comarca, e similar rendabilidade de explotación
para a compañía xestionaria de Pena Trevinca. A localización
de A Ponte permite unha estratexia de turismo de inverno/verao similar á
da estación escocesa de Aviemore-Cairngorm,
que combina os deportes de inverno co turismo de montaña e con excursións
por toda a comarca, repartindo así o fluxo turístico entre varias
zonas e minimizando o impacto nos ecosistemas da alta montaña. -
Podes ler máis detalles e opinar sobre esta alternativa nos foros
de Trevinca 2) Acceso
por funicular ou telecabina ao dominio esquiable
![[ALARGAR IMAXE..»] O funicular: Un medio de transporte eficaz, moderno e ecolóxico](http://www.largslargs.talktalk.net/pic/smfunicular.jpg)
Un medio de transporte eficaz, moderno e ecolóxico: o funicular. Alargar
imaxe..» | | En
vez de construir unha estrada para que suban automóviles e autocares desde
A Ponte ao alto de Trevinca, deberíase conectar o Val de Xares co dominio
esquiable por funicular ou telecabina. No inverno, o funicular ou telecabina é
o remonte de acceso ás pistas de esquí, como en moitas outras estacións
de Europa. Na primavera, verao e comezos do outono, o funicular ou telecabina
é unha atracción turística que leva aos camiñantes
e turistas polas montañas de Trevinca. O funicular ou telecabina convertiríase
así nun activo turístico comercialmente explotable durante todo
o ano. Dous exemplos comparables a este modelo de desenvolvimento para Trevinca
son as estacións do Vall de Núria, nos Pirineus cataláns,
e de Nevis Range nas Highlands escocesas. O dominio esquiable de Núria
é accesible por un moderno funicular, que no presente é o único
deste tipo en toda España. A espectacularidade dunha viaxe en tren de alta
montaña atrae a milleiros de turistas a Núria todos os anos. Na
estación escocesa de Nevis
Range, o acceso ao dominio esquiable faise por telecabina desde un aparcadoiro
próximo á vila de Fort William, onde se encontra a infraestrutura
hoteleira e de servizos. No caso de Trevinca, habilitar unha parada intermedia
do funicular ou telecabina a 1550m de altitude permitiría maximizar o nivel
vertical de baixada das pistas nos días de neve abondante, convertindo
así á Pena Trevinca na estación do noroeste peninsular con
maior desnivel vertical esquiable 2050-1550m. -
Podes ler máis detalles e opinar sobre esta alternativa nos foros
de Trevinca
3) Dominio
esquiable en Xurbia - Piatorta As
cimas de Pena Trevinca e Pena Negra deben ser símbolos protexidos da natureza
virxe de Galicia. Pódese ter un dominio esquiable na Serra de Trevinca
sen ter que chantar remontes mecánicos sobre a Pena Trevinca (2124m). Os
remontes actualmente proxectados no triángulo Pena Trevinca-Pena Negra-Valigota
débense trasladar ao Alto da Xurbia (2050m) e Piatorta (2010m). O sector
Xurbia - Piatorta é extenso dabondo para concentrar a capacidade mecánica
e as 66,6 Ha e 22 km de pistas proxectadas, e sigue a posibilitar oportunidades
de expansión futura cara a Serra Segundeira/Sanabria como se adianta no
plano. O Escobadoiro 1800m sigue a ser a base do dominio esquiable e da maquinaria
da área de esquí, e estaría conectado coa estación
por funicular ou telecabina. No Escobadoiro 1800m, un número de instalacións
de restauración satisfaría a intensa actividade turística
durante os 3 meses de neve, continuando en abertura parcial no periodo estival
ao estilo dos berghaus alpinos, restaurantes de altitude para o camiñante,
montañeiro, ou turista que desembarque do funicular ou telecabina no alto
da montaña. -
Podes ler máis detalles e opinar sobre esta alternativa nos foros
de Trevinca
Este website conta cunha sección
interactiva para que todo aquel que o desexe poida opinar
sobre os proxectos de estacións na serra de Trevinca. Todo o mundo ten
as súas ideas e nesta sección aberta de foros
podes deixar a túa.
|